- A cerimonia civil realizarase ao aire libre baixo unha carpa. Recoméndase ter roupa de abrigo e calzado pechado para ese momento (o chan é céspede) - A carpa terá dous calefactores grandes e estará pechada. - O aperitivo e convite será nos salóns interiores. - Existe un aparcamento grande onde deixar os vehículos. - O lugar é totalmente accesible e adeptado para persoas con mobilidade reducida. - Se queredes ter un detalle con nós, agradecemos que NON nolo deades o día do casamento por unha cuestión de intendencia e organización. Se pode ser antes mellor, e senón pois a posteriori. - As persoas que desexen facer reserva no hotel Eurostars deberán facela por vía telefónica e indicar que son convidados/as da voda de Cristina e Alexandre (desconto do 15%) - Deberás facelo co código BODACYA na páxina de reservas do hotel. - CONFÍRMANOS a túa ASISTENCIA (Alerxias/Intolerancias, desprazamento en bus...) no FORMULARIO: PREME AQUI
Queremos convidarvos a compartir con nós un día moi especial. Unha data na que os nosos camiños se unirán nun só para continuar unha andaina de vida en común. Citámosvos o 6 de decembro de 2025, no Hotel Eurostars Vila de Allariz ás 12:30 h. CONFÍRMANOS a túa ASISTENCIA (Alerxias/Intolerancias, desprazamento en bus...) no FORMULARIO: PREME AQUI
Se optaches por vir en AUTOBÚS desde Ourense ata a nosa voda este será o percorrido: IDA (Empresa Autos González) - Parada de bus Estación de Tren San Francisco (enfronte de Eroski): Saída ás 11:00 h. (estar ás 10:50 h.) - Parada de bus Parque de San Lázaro : Saída ás 11:15 h. (estar ás 11:00 h) Chegada ao hotel ás 11:45 h. Cerimonia ás 12:00 h. REGRESO (Empresa Autos González) - Saída do hotel: 23:45 h.-00:00 h.
Comentarios
Publicar un comentario